O arrabalde a carón da capela da Nosa Señora da Fonte, o antigo camiño aos portos do Norte e ás aldeas do Pedroso, son os fitos históricos que marcan a configuración desta zona de Santiago que pertenceu sempre á parroquia de San Xoán. Aínda que se transformou a fondo nas últimas décadas, conserva recantos de saber tradicional, un conxunto espectacular de espazos verdes e dotacións culturais e unha interesante e diversificada oferta comercial con 114 negocios.




Descargas



Compartir: