O Hospital de San Roque é o fito máis visible deste barrio que se conformou a partir dos camiños que rodeaban e partían da cidade a través das portas abertas na muralla. Co tempo, os arrabaldes uníronse para debuxar rúas e os xardíns e hortas deixaron paso á cidade en crecemento. Entre 1850 e 1940, zonas como a rúa dos Loureiros ou San Roque emerxeron como pequenos ensanches, con casas máis amplas e modernas que as do centro monumental. Convivían coas casiñas modestas ás que foron substituíndo e a veciñanza de empregados e artesáns foi deixando paso aos comerciantes e profesionais. Hoxe alternan as zonas residenciais e comerciais sen perder o seu carácter monumental nin a súa personalidade propia.




Descargas



Compartir: