Novas

A I Mostra de Cervexa Artesá encherá a Alameda de mestres cervexeiros

04/07/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou este martes os detalles da I Mostra de Cervexa Artesá, que se celebrará en Compostela do 7 ao 9 de xullo. Na rolda estivo acompañada de Esteban Loureiro, representante da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns. Ler máis

Arranca o V Concurso de Publicidade Comercial en Galego para fomentar o uso da lingua no pequeno comercio da cidade

Cartel promocional da campaña.

01/06/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá a quinta edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, un certame que pretende ser "un incentivo para a galeguización da comunicación entre as empresas e o público e tamén un recurso para promover a calidade e a creatividade nesa comunicación". Ler máis

A Quintana acolle un obradoiro de forxa que reunirá os mellores ferreiros do Estado

Cartel do evento.

30/05/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada do ferreiro Chago Martínez, presentou esta mañá o obradoiro de forxa que se celebrará en Santiago do 16 ao 18 de xuño e que reunirá en Compostela os 20 mellores ferreiros e ferreiras do Estado. Ler máis

Xa se pode visitar de forma virtual e permanente a mostra sobre os comercios emblemáticos da cidade

Outro momento da rolda de prensa.

24/05/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deu a coñecer esta mañá a plataforma online para visitar a exposición O comercio, emblema dunha cidade, que estivo dispoñible no Centro Abanca Obra Social do 13 de outubro ata o 4 de decembro de 2016. Na rolda estivo o fotógrafo encargado da exposición, Afonso Sestelo. Ler máis

Área Central acolle unha nova edición da Feira Caravaning Compostela

Outro momento da rolda de prensa.

10/05/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada de Sara Castedo, adxunta á xerencia de Área Central; Manuel Ángel Fernández-Arruty, presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, e David Abelenda, xerente de Autocaravanas Costa da Morte, presentou a IV edición da Feira Caravaning Compostela, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de maio en Área Central. Ler máis

O Ensanche celebra as festas da Ascensión con propostas lúdicas e comerciais

09/05/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá algunhas das actividades que o tecido comercial do Ensanche ten preparado para as festas da Ascensión, que se celebran na nosa cidade do 24 ao 28 de maio. Na rolda estivo acompañada de José María Fernández, presidente de Santiago Centro, e de Xosé Manuel Durán, presidente da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos. Ler máis

Concellaría de Comercio

A Concellaría de Comercio impulsa actuacións para mellorar a oferta comercial de Santiago e para promocionar o comercio como elemento vertebrador da vida social e económica da cidade, a través de políticas activas de apoio ao comercio, de impulso do asociacionismo comercial, do aumento da súa competitividade e de mellora do contexto urbano.