Martiño Noriega observa a placa identificativa da obra.

A escultura "Ríos de Ferro", realizada por corenta artistas da forxa, xa engalana o entorno da carballeira do Restollal

20/09/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitaron esta mañá a escultura de forxa Ríos de Ferro. A gran onda, realizada por máis de 40 ferreiros e ferreiras. Na visita estiveron os artistas Óscar Aldonza e Santiago Martínez, así como os voceiros do PSOE e o PP, Paco Reyes e Agustín Hernández. Ler máis

Cartel promocional da campaña.

Arranca o V Concurso de Publicidade Comercial en Galego para fomentar o uso da lingua no pequeno comercio da cidade

01/06/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá a quinta edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, un certame que pretende ser "un incentivo para a galeguización da comunicación entre as empresas e o público e tamén un recurso para promover a calidade e a creatividade nesa comunicación". Ler máis

Outro momento da rolda de prensa.

Área Central acolle unha nova edición da Feira Caravaning Compostela

10/05/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada de Sara Castedo, adxunta á xerencia de Área Central; Manuel Ángel Fernández-Arruty, presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, e David Abelenda, xerente de Autocaravanas Costa da Morte, presentou a IV edición da Feira Caravaning Compostela, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de maio en Área Central. Ler máis

O Ensanche celebra as festas da Ascensión con propostas lúdicas e comerciais

09/05/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá algunhas das actividades que o tecido comercial do Ensanche ten preparado para as festas da Ascensión, que se celebran na nosa cidade do 24 ao 28 de maio. Na rolda estivo acompañada de José María Fernández, presidente de Santiago Centro, e de Xosé Manuel Durán, presidente da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos. Ler máis





Compartir: