28/10/2022 O Departamento de Comercio abre o prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, que se celebrará do 2 de decembro ao 5 de xaneiro na rúa da Carreira do Conde e, como xa se fixo en anos anteriores, do 23 de decembro ao 5 de xaneiro tamén en Área Central. A inscrición estará aberta ata as 23.30 horas do día 9 de novembro.

O Mercado de Nadal contará con 30 postos de venda. O mercado de Carreira do Conde contará cun total de 15 casetas de venda de produtos e estructuras para a venda de bebidas e produtos de alimentación elaborados; e cun máximo de 15 mesas de exposición e elementos auxiliares en Área Central.

O Mercado cambiará de expositores en cinco quendas:

Quenda 1: Venres 2 a xoves 8de decembro (7 días ) – rúa da Carreira do Conde.
Quenda 2: Venres 9 a xoves 15 de decembro (7 días) – rúa da Carreira do Conde.
Quenda 3: Venres 16 a xoves 22 de decembro (7 días) – rúa da Carreira do Conde.
Quenda 4: Venres 23 a xoves 29 de decembro (6 días) – rúa da Carreira do Conde e Área Central.
Quenda 5: Venres 30 de decembro a xoves 5 de xaneiro (6 días) – rúa da Carreira do Conde e Área Central.

Estará aberto de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:30 h, agás os días 24 e 31 de decembro, con apertura só de mañá. Estará pechado os días 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

A convocatoria está dirixido a a artesáns, produtores e comerciantes con capacidade para exhibir e vender produtos, creacións ou elaboracións de Nadal. Serán prioritarios os produtos de carácter artesanal, e valorarase a calidade, a orixinalidade e a produción a pequena escala para o caso de non seren produtos artesanais. Tamén se valorarán as propostas de repostaría, doces e outros produtos de alimentación ou bebidas vinculadas ás celebracións de Nadal e aos eventos de rúa. Nas tres primeiras quendas, darase prioridade absoluta aos produtos de alimentación e decoración propios do Nadal.

Para tomar parte no mercado é requisito indispensable cumprimentar a solicitude de participación en liña antes das 23.30 horas do día 9 de novembro de 2021. Ademais, os/as solicitantes deberán remitir á organización fotografías representativas dos seus produtos eun proxecto detalaldo de decoración da caseta e posto, indicando tipo de decoración, materiais a utilizar e distribución dos mesmos na caseta.

As fotografías e propostas de decoración remitiranse a mercadonadal@comerciolocal.gal.

A solicitude de participación non será válida se non se cumpre esta premisa.

Os/as interesados/as poden solicitar información complementaria a través da dirección electrónica comercio@santiagodecompostela.gal



Ligazóns

Descargas




Compartir: