15/12/2017 O Mercado de Nadal renovou hoxe xoves, día 14, os expositores que se poden visitar na rúa Carreira do Conde. Quince novas propostas, procedentes de Santiago e arredores, Pontevedra, Lugo e Ourense, estarán abertas ata o día 20 de decembro.

Nesta terceira quenda ofrécense produtos artesáns de sectores como a xoiaría, a decoración, os xoguetes feitos a man, o comercio xusto, a cosmética, a iluminación ou o deseño.

A oferta do Mercado inclúe actividades variadas e obradoiros realizados por artesáns, que se desenvolven no Espazo Creativo. Durante a ponte haberá actividade os días festivos e fin de semana. A programación completa de actividades pódese consultar na páxina web do Mercado. Esta semana haberá contacontos e obradoiros para crear neve caseira, adornos florais e instrumentos de percusión.

O Mercado permanecerá aberto todos os días de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:30h.



Ligazóns




Compartir: