05/12/2017 Unha nova edición do percorrido fotográfico Comercios Emblemáticos estará aberta ao público dende o 14 de decembro ao 4 de febreiro de 2018 na sede Afundación (rúa do Vilar, 19). As instantáneas son obra do fotógrafo Afonso Sestelo e queren reflectir a achega fundamental á cidade por parte do comercio.

O Concello de Santiago organiza esta mostra cada ano cunha serie de establecementos elixidos pola Cámara de Comercio de Santiago. Nesta edición, os dez comercios seleccionados son: Asthor Decoración, Confecciones Riande, Ferretería Casas Chico, Joyería Mayer, La Novedad, Libraría Couceiro, Papelaría Compostela, Relojería Mayer, Rod Mayer e Ultramarinos Carro.

O horario de apertura da exposición é o seguinte: de luns a venres, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Non obstante, pechará os días 24, 25, e 31 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.

Colaboran co Concello na organización deste evento Afundación Obra Social Abanca, Cámara de Comercio, Compostela Monumental, Em Rede, Mercado de Abastos de Santiago, Santiago Centro Área Comercial e Unión de Consumidores de Galicia.

Na páxina web do Departamento de Comercio aínda pode realizarse unha visita virtual pola anterior edición da exposición.






Compartir: