03/11/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois participou en Área Central na presentación de Aquí hai tomate, un novo evento gastronómico con variadas propostas para os meses de novembro, decembro e xaneiro no devandito centro comercial.

Entre outras actividades, este programa gastronómico contará co concurso infantil de cociña Aquí hai tomate cherry, no que participarán os centros escolares da cidade. Ademais, haberá degustacións, showcookings, etc.

Para empezar, este sábado, de 18:00 a 20:00 horas, realizarase a showcooking inaugural a cargo do chef oficial do evento, Alberto Lareo.






Compartir: