08/03/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe o I Fórum do Sector Téxtil do Eixo Atlántico, TexAtlántica, que se celebrará do 9 ao 11 de marzo na Cidade da Cultura. Na rolda estivo acompañada de Fermi Pereira, directora de Heima Tours Galicia, a empresa organizadora do evento.

TexAtlántica é un foro que reunirá máis de 200 profesionais do sector téxtil de Galicia e Portugal, tanto empresas consolidadas como estudantes de escolas de moda e firmas en crecemento. Marta Lois fixo fincapé nun dos obxectivos deste foro, que "nace coa idea de crear un clúster do Eixo Atlántico, tendo en conta que Galicia conta cunha industria téxtil moi potente e referente a nivel estatal e internacional. Xa non so polas marcas propias xa inseridas no panorama europeo e mundial, senón tamén pola canteira de mozos e mozas que veñen detrás".

Ademais de marcarse como obxectivo a creación dese clúster téxtil, o I Forum do Sector Téxtil do Eixo Atlántico busca funcionar como punto de encontro para profesionais e estudantes do sector da moda do eixo atlántico desenvolvendo, de xeito paralelo, actividades comerciais e de formación para persoas inscritas, empresas e medios relacionados coa actividade téxtil.

Tres liñas
O proxecto proposto desenvolverase en tres eixos. O primeiro, mediante o contacto entre empresas e deseñadores e deseñadoras con compradores e compradoras potenciais a través dunha bolsa de contratación. O segundo, mediante o encontro das compañías asistentes con estudantes e profesionais júnior do sector. O terceiro, mediante un programa de formación continuo durante as xornadas.

A actividade troncal do Fórum será o contacto comercial e académico entre as distintas partes participantes. De xeito paralelo á actividade comercial que se desenvolverá ao longo das xornadas, proporase un pro¬grama didáctico a través de formatos como a master class ou os workshops.

Módulos
O Foro desenvolverase durante dous días en cinco módulos diferentes que abordarán numerosos contidos de interese. O primeiro módulo, que leva por nome "Retrospectiva", analizará a primeira xeración do sector en Galicia, o impacto dos devires económicos no sector e os novos modelos de produción que se xeran e, finalmente, farase unha pausa no "Caso Zara".

O segundo módulo leva por nome "Análise de contextos e perspectivas de futuro do sector". Aquí, as participantes abordarán a prensa especializada, os novos formatos existentes e o poder de editores/as, estilistas e bloggers. Tamén se analizarán as novas ferramentas como o coolhunting dixital e os novos mercados.

O terceiro módulo chámase "A moda como estratexia de comunicación". Nel formularase a relación entre a política e a moda, o seu impacto na comunicación audiovisual, ou o boom das celebrities ou iconos de estilo en plataformas como Instagram ou Snapchat. Farase especial fincapé na figura de Diane Vreeland e no caso Vogue USA.

O cuarto módulo leva por nome "Disciplinas afíns" e está orientado á fotografía de moda, ao deseño gráfico aplicado á moda e á publicidade, a ilustración no sector téxtil ou a impresión 3D.

Por último, o quinto módulo denomínase "Canles de distribución" e permitirá analizar a marca, o estilo na web, as novas experiencias de compra en plataformas online ou o concepto de imaxe e de tenda.

O terceiro día, sábado 11, estará dedicado aos máis pequenos e pequenas, cun obradoiro de serigrafía que se celebrará no Centro Sociocultural do Ensanche a partir das 10:30 horas. Nese obradoiro poderán participar, previa inscrición vía telefónica ou no mesmo Centro o propio sábado, nenos e nenas a partir de 5 anos.

Tres liñas
O proxecto proposto desenvolverase en tres eixos. O primeiro, mediante o contacto entre empresas e deseñadores e deseñadoras con compradores e compradoras potenciais a través dunha bolsa de contratación. O segundo, mediante o encontro das compañías asistentes con estudantes e profesionais júnior do sector. O terceiro, mediante un programa de formación continuo durante as xornadas.

A actividade troncal do Fórum será o contacto comercial e académico entre as distintas partes participantes. De xeito paralelo á actividade comercial que se desenvolverá ao longo das xornadas, proporase un pro¬grama didáctico a través de formatos como a master class ou os workshops.

Módulos
O Fórum desenvolverase durante dous días en cinco módulos diferentes que abordarán numerosos contidos de interese. O primeiro módulo, que leva por nome "Retrospectiva", analizará a primeira xeración do sector en Galicia, o impacto dos devires económicos no sector e os novos modelos de produción que se xeran e, finalmente, farase unha pausa no "Caso Zara".

O segundo módulo leva por nome "Análise de contextos e perspectivas de futuro do sector". Aquí, as participantes abordarán a prensa especializada, os novos formatos existentes e o poder de editores/as, estilistas e bloggers. Tamén se analizarán as novas ferramentas como o coolhunting dixital e os novos mercados.

O terceiro módulo chámase "A moda como estratexia de comunicación". Nel formularase a relación entre a política e a moda, o seu impacto na comunicación audiovisual, ou o boom das celebrities ou iconos de estilo en plataformas como Instagram ou Snapchat. Farase especial fincapé na figura de Diane Vreeland e no caso Vogue USA.

O cuarto módulo leva por nome "Disciplinas afíns" e está orientado á fotografía de moda, ao deseño gráfico aplicado á moda e á publicidade, a ilustración no sector téxtil ou a impresión 3D.

Por último, o quinto módulo denomínase "Canles de distribución" e permitirá analizar a marca, o estilo na web, as novas experiencias de compra en plataformas online ou o concepto de imaxe e de tenda.

O terceiro día, sábado 11, estará dedicado aos máis pequenos e pequenas, cun obradoiro de serigrafía que se celebrará no Centro Sociocultural do Ensanche a partir das 10:30 horas. Nese obradoiro poderán participar, previa inscrición vía telefónica ou no mesmo Centro o propio sábado, nenos e nenas a partir de 5 anos.



Ligazóns




Compartir: