O "Barrio Xardín" arrinca este sábado coa I edición do Mercado das Flores

23/05/2019 Este sábado 25 de maio quedará inaugurado o chamado "Barrio Xardín", a zona situada na contorna do Parlamento entre as rúas do Hórreo, avenida de Lugo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez e Neira de Mosquera. O tecido comercial e a veciñanza deste ámbito colaboraron no desenvolvemento dun proxecto que ten como obxectivo dinamizar o comercio da zona, recuperar os espazos públicos e mellorar a convivencia no ámbito. O programa "Barrio Xardín" desenvólvese no marco do programa Con B de Barrio, impulsado pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Ler máis

Iniciado o proceso de selección dos 30 establecementos candidatos a albergar a mostra "Comercio Emblemático 2019"

25/02/2019 O Concello convoca o comercio de Santiago para a súa participación na exposición Comercio Emblemático 2019: algo máis que mercar. Seleccionaranse 30 establecementos que acollerán nos seus escaparates, dende finais do mes de marzo, fotografías que reflicten a historia da actividade comercial compostelá. Para poder participar cómpre formalizar unha solicitude neste enlace. Ler máis

Edición 2017 do Mercado de Nadal.

Abertos a partir do sábado o Belén tradicional de San Fiz e o Mercado de Nadal

29/11/2018 Un ano máis, a igrexa de San Fiz de Solovio acollerá o tradicional Belén nestas datas, composto por máis de 200 figuras de barro e lenzo pintado -todas feitas a man- e que inclúe diferentes escenas, pezas en movemento, río con auga corrente e iluminación. Todo iso recreado en ciclos de catro minutos, nos que se simula o paso do día á noite grazas a cambios de iluminación e movemento de diversas pezas. Ler máis





Compartir: