Os Bonos Corazón xeraron case 4 millóns de euros en vendas para o pequeno comercio, a hostalaría e o Mercado de Abastos
02/01/2023 Dende que se abriu o campaña o pasado 8 de novembro e ata o 31 de decembro, data de peche, 19.537 persoas adquiriron un total de 44.153 bonos que logo empregaron no comercio e hostalería local. O balance final reflicte que o programa xerou un importe total en compras por valor de 3.942.113,73 euros, dos que se beneficiaron os 567 establecementos de Santiago adheridos ao programa: 484 comercios e 83 negocios de hostalería. Ler máis
O bus de Nadal sobre Rodas continúa a percorrer as rúas da Santiago
30/12/2022 O precioso autobús inglés de dous pisos de Nadal sobre Rodas percorrerá do 4 de decembro ao 5 de xaneiro as diferentes rúas e prazas da cidade, que acollerán divertidos obradoiros de cociña e actuacións musicais de balde para animar as xornadas de compras de Santiago de Compostela! Ler máis
Ourives de Compostela lanzará, en 2023, un selo de calidade para diferenciar os seus produtos
22/12/2022 Este mediodía reuniuse a "Comisión de seguimiento do Plan Estratéxico de Ourives de Compostela". Nesta xuntanza, presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, debatéronse as actividades que integran o plan e que se prevén executar no 2023, entre elas, o lanzamento da marca colectiva de calidade "Ourives de Compostela" e a compilación de documentación audiovisual das técnicas de ourives de máis idade. E tamén se fixo balance da exposición "O Esplendor do Camiño, oito séculos de pratería e acibeche en Compostela" Ler máis
Ábrese o prazo de inscrición para os concursos de decoración de escaparates e de vivendas particulares
15/12/2022 A partir de mañá todos aqueles establecementos que o desexen poderán presentar os seus escaparates decorados con motivos de Nadal a este concurso e optar por un dos seis premios económicos. Con esta iniciativa preténdese atraer a atención da clientela e aumentar así o consumo e as ventas durante este período vacacional. Tamén arranca mañá o prazo de inscrición no I Concurso de Decoración de Nadal Veciñal que recompensará as vivendas particulares coas fachadas, balcóns e xardíns mellor decorados. Ler máis
O Concello premia as mellores decoracións de Nadal nos escaparates comerciais e nas vivendas particulares da cidade
09/12/2022 Todos aqueles veciños e veciñas que decoren con motivos de Nadal as fachadas, balcóns e xardíns das súas vivendas, poderán optar a un dos catro premios do I Concurso de Decoración de Nadal Veciñal, convocado polo Concello. Esta iniciativa súmase á tradicional competición de escaparatismo de Nadal coa que se pretende atraer a atención da clientela para aumentar así o consumo nas ventas durante este período vacacional. O alcalde tamén deu conta esta mañá das últimas cifras da campaña dos Bonos Corazón Compostela, que acada a día de hoxe os 2.430.301 euros consumidos. Ler máis
Expedido o Bono Corazón número 44.154: o último bono co que se inxectan no comercio local máis de tres millóns de euros
05/12/2022 Ás 13:37h expediuse o último bono da campaña dos Bonos Corazón Compostela. Con el son xa un total de 44.154 bonos por valor de 3.125.000 euros dos que, polo de agora, xa foron consumidos máis de un millón e medio. Unha boa nova "para o comercio, a hostalaría e toda a cidade" explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, que insiste en que "se trata de inversións que se reteñen na propia cidade, que incentivan o consumo no comercio de proximidade e supón unha axuda ás familias fronte a suba de prezos". Ler máis
Compostela dá a benvida ao Nadal este venres co tradicional acendido das luces e un variado programa de actividades
01/12/2022 O concelleiro de Festas e Turismo, Sindo Guinarte e a concelleira de Centros Socioculturais e Acción Cultural, Mercedes Rosón presentaron esta mañá en rolda de prensa o amplo programa de actividades para estas festas de Nadal que recuperan, tras dous anos de parón, a festa de Fin de Ano e a Cabalgata de Reis. Ler máis
Ampliado o prazo de descarga e uso dos Bonos Corazón Compostela ata o 31 de decembro
01/12/2022 O Goberno Municipal acordou hoxe ampliar o período de validez dos Bonos Corazón Compostela desde o día da publicación das bases no BOP da Coruña ata o 31 de decembro de 2022, salvo esgotamento previo do saldo. O Concello de Santiago destina a estes bonos 1.250.000 euros. Ata agora, o último día para descargalos e utilizalos era o 10 de decembro. Unha vez se publiquen no BOP, amplíase o prazo ata o último día do 2022. Ler máis
Máis de 20.500 bonos descargados e 537 establecementos adheridos ao programa Bonos Corazón Compostela
19/11/2022 Dende que se abriu o prazo o pasado 8 de novembro, xa son 20.551 o número de Bonos Corazón adquiridos polos usuarios e usuarias. Ademais, 537 establecementos de Santiago se adheriron xa a este programa de incentivación do consumo: 460 comercios e 77 negocios de hostalería. O prazo para solicitar e canxear os bonos permanecerá aberto ata o 10 de decembro, salvo esgotamento previo do seu saldo. Os establecementos que desexen adherirse ao programa terán de prazo ata o 30 de novembro. Ler máis

O Mercado da Estrela convida a redescubrir o Nadal do 16 ao 18 de decembro
16/11/2022 A Feira Creativa de Agasallos celebrarase en San Martiño Pinario e no 2º andar do Centro Obra Social Abanca na praza de Cervantes e levará aparalleda obradoiros e gardería ludoteca para a cativada. A programación completarase coa oferta musical e gastronómica na praza 8 de marzo e na pista cuberta do Centro Don Bosco. A que será a 11ª edición do festival do talento galego, foi presentada esta mañá polo concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, a directora do evento, Mónica Mejías, e a xerente da Fundación de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro. Ler máis