Mercado Nacional de Gando

Celébrase no Recinto Feiral de Amio todos os mércores pola mañá. De marcado carácter rural, realízanse transaccións de gando, sobre todo vacún, aínda que tamén se comercializan produtos agrícolas e apeiros de labranza.



Mercado de Salgueiriños

Celébrase todos os xoves na explanada de Salgueiriños e permite acoller 255 postos. Os principais produtos á venda son roupa, téxtil e calzado.



Mercado "hippy"

Conta cunha ducia de postos que todos os días se instalan na Rúa Nova. Pódense adquirir manufacturas de coiro, bixutería artesá e complementos.



Mercado Lusco e Fusco

Mercado de produtos ecolóxicos e locais que se celebra todos os martes á tardiña nas terrazas do parque de Belvís.



Mercado de antigüidades

Celébrase na Praza de Cervantes todos os xoves e sábados pola mañá.  Pódense mercar, entre outros obxectos, libros vellos, selos, moedas, tarecos de cociña e ferramentas.



Mercado da Chuvia

Mercado de artesanía que se celebra os segundos sábados de cada mes no centro comercial Área Central. Atópanse gran variedade de produtos realizados en tea, coiro, barro, bronce ou madeira. Celébranse ademais frecuentemente espectáculos de música e baile para grandes e pequenos.






Compartir: