Localizada na cidade histórica. É un referente na vida social e económica da cidade e o lugar máis visitado de Santiago despois da catedral. O mercado, que comezou a funcionar en 1941, está dividido en seis naves construídas sobre unha superficie de 5.613 metros cadrados. Conta con máis de cen postos nos que se comercializa gran variedade de produtos frescos de calidade: peixe, marisco, verduras, froitas, carne, embutidos etc. Como a autenticidade e a tradición non exclúen a innovación, o mercado conta cunha serie de servizos para o consumidor que o homologan a calquera centro comercial actual.

Tras a súa recente remodelación, a nave 5 do mercado será proximamente destinada a restauración.




Ligazóns



Compartir: