Convocatoria pechada. Prazo ata o 4 de outubro de 2022.

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. DEPARTAMENTO DE COMERCIO

Convocatoria publicada no BOP de A Coruña do 19 de setembro

Bases da convocatoria das subvencións para actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago de Compostela 2022

O obxecto destas bases é regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para realizar actividades de promoción e dinamización comercial no municipio de Santiago de Compostela, correspondentes á anualidade 2022.

Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias as asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais legalmente constituídas, de carácter local, sen fin de lucro e que reúnan ademais os seguintes requisitos:

- Que o seu ámbito de actuación sexa eminentemente local, referido ao municipio de Santiago de Compostela.

- Que conten cun mínimo de 15 establecementos asociados.

- Que o 60% dos seus establecementos asociados pertenzan ao sector comercial. Na aplicación desta porcentaxe non se terán en conta os decimais. Considérase que pertencen ao sector comercial aqueles establecementos encadrados nalgunha das epígrafes empresariais recollidas no anexo IV.

- Ter a súa sede social no municipio de Santiago de Compostela.

- Non estar integradas por empresas comerciais que operen en mercados municipais suxeitos a concesión administrativa.

Os requisitos deben cumprirse no momento da presentación da solicitude.



Lugar e prazo de presentación

LUGAR: A solicitude asinada pola persoa que represente legalmente a entidade solicitante, dirixiranse á Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela e presentarase necesariamente a través da sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) mediante o trámite “Solicitude de subvención” dentro do catálogo de trámites dispoñible. O formulario a empregar é o CS006.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e contarase desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP. O envío das bases ao BOP terá lugar por conduto da Base de Datos Nacionais de Subvencións.

Aquelas solicitudes presentadas con anterioridade á apertura do prazo de presentación de solicitudes teranse por non presentadas, en atención á obrigatoriedade de termos e prazos establecida no artigo 29 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común.



Información é consultas:

WEB COMERCIO: http://comercio.santiagodecompostela.gal/
EMAIL: comercio@santiagodecompostela.gal




Ligazóns

Descargas



Compartir: