Convocatoria pechada. Prazo ata o 3/10/2022

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. DEPARTAMENTO DE COMERCIO 

Convocatoria publicada no BOP de A Coruña do 19 de setembro

Bases da convocatoria de axudas para a mellora e innovación do comercio local. Programa Coidar para Mellorar 2022

O obxecto destas bases é regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a mellora e innovación do comercio local, no marco do programa “Coidar para mellorar”, correspondentes á anualidade 2022.

Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

- Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.

- Que o local comercial sobre o que se realice o investimento se atope no municipio de Santiago de Compostela.

- Os requisitos deben cumprise no momento da publicación desta convocatoria no BOP.



Lugar e prazo de presentación

LUGAR: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos. Se a presentación se realiza a través da sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) deberá escoller o trámite “Solicitude de subvención” do catálogo de trámites dispoñible.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta convocatoria no BOP e remata o 3 de outubro de 2022

Aquelas solicitudes presentadas con anterioridade á apertura do prazo de presentación de solicitudes teranse por non presentadas, en atención á obrigatoriedade de termos e prazos establecida no artigo 29 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común.



Información é consultas:


WEB COMERCIO: http://comercio.santiagodecompostela.gal/
EMAIL: comercio@santiagodecompostela.gal




Ligazóns

Descargas



Compartir: