Convocatoria pechada. Prazo ata o 26/09/2022

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, financiadas con fondos REACT-UE, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI440A).

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto avanzar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como medida de fomento da corresponsabilidade e da conciliación da vida familiar e laboral, mediante incentivos para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo para a atención e coidado das súas fillas e fillos, así como para as familias monoparentais, homes ou mulleres, que precisan dun apoio específico para compaxinar a vida laboral, persoal e familiar.

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2021 e o 31 de xullo de 2022, ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
No suposto de adopción ou de acollemento familiar, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou adopción e, en todo caso, a filla ou fillo terá que ser menor de 12 anos.

2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións:
a) Estar empadroado en Galicia;
b) Convivir coa filla ou fillo;
c) Se é o caso, o cónxuxe ou parella debe estar traballando;
d) Ter uns ingresos non superiores a 7 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo co prazo de presentación vencido (2021).



Lugar e prazo de presentación

Lugar: Sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento SI440A

Prazo: Dende 27/08/2022 - 26/09/2022



Información é consultas:

Xunta de Galicia

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Secretaría Xeral da Igualdade

Subdirección Xeral de Promoción da IgualdadeServizo de Programación, Cooperación Institucional e Planificación

San Lázaro, s/n15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)
Teléfono: 981957783/ 981547397/ 881999163/ 981957689
Fax: 981957690
Email: promoción.igualdade@xunta.es

http://igualdade.xunta.gal/es




Ligazóns



Compartir: