Convocatoria pechada. Prazo ata o 10/10/2022

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa Infraestruturas estratéxicas abertas), promovidas por grandes empresas galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408D).

Obxecto: As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto apoiar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento da contorna das empresas e os consumidores, e a modernización e desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as sociedades mercantís con domicilio social ou centro de actividade en Galicia, coa forma xurídica de Sociedade Limitada ou Sociedade Anónima que excedan a definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable en territorio galego.

b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 40 % dos investimentos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

c) Que teñan sede social ou algún centro de actividade en Galicia.



Lugar e prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O lugar a sede electrónica da Xunta de Galicia, código de procedemento IG408D



Información é consultas:

Sede electrónica da Xunta de Galicia, código de procedemento IG408D

Instituto Gallego de Promoción Económica - Igape
Complejo Administrativo de San Lázaro, s/n 15707
Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfonos: 900 81 51 51 / 981 541 147
Fax: 881 99 55 00
 https://www.igape.gal





Ligazóns



Compartir: