Convocatoria aberta ata o 31/08/2022

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2022 pola que se amplía o crédito orzamentario establecido na Resolución do 1 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría, artístico-recreativas e outros servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2022

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
– Sección G: comercio por xunto e polo miúdo, divisións 45 a 47 incluídas.
– Sección I: hostalaría, divisións 55 a 56 incluídas.
– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, divisións 90 a 93 incluídas.
– Sección S: outros servizos, só as divisións 95 e 96.
2. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.



Lugar e prazo de presentación

Sede electrónica da Xunta de Galicia: (código de procedemento IN417Z)

Prazo ata o 31/08/2022



Información é consultas:

Sede electrónica da Xunta de Galicia: (código de procedemento IN417Z)

Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección Inega
Xerencia do Inega
Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 - San Lázaro
15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)
Teléfono: 981541523
Email: inega.info@xunta.galhttp://www.inega.es




Ligazóns



Compartir: