Convocatoria resolta


Resolución de Presidencia número 2022 / 33579, do 28 de xullo, pola que se aproba a concesión da V edición dos Premios do Plan de Emprego Local (PEL-EPR PREMIO / 2022)

Don VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO, Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Vistos o informe do Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica e o informe do Servizo de Fiscalización.

ANTECEDENTES:

Primeiro.- Mediante a Resolución de Presidencia núm. 2022/23386, do 12 de maio, publicada no BOP núm. 93 do 18 de maio de 2022, foron aprobadas as bases reguladoras da V edición dos Premios do Plan de Emprego Local, incluído na Liña 2 do Plan de Emprego Local.

Segundo.- O prazo de presentación de candidaturas rematou o 28/06/2022 ás 14:00 horas. A totalidade das candidaturas referidas neste informe foron presentadas dentro do prazo establecido na convocatoria e cumpren cos requisitos establecidos nela, polo que se propón a súa concesión.

Terceiro.- De acordo co establecido na base 8, mediante a Resolución de Presidencia núm. 2022 / 30322, do 4 de xullo, designáronse os membros do xurado, que levaron a cabo as valoracións das candidaturas admitidas de acordo aos criterios de valoración establecidos na base 9, tal e como se reflicte na acta da reunión celebrada o 22 de xullo de 2022.

Cuarto.- A totalidade das candidaturas premiadas que se conceden con cargo á convocatoria considéranse correctas e axustadas aos termos e requisitos das bases reguladoras e as cantidades a asignar tamén se corresponden cos criterios de asignación das bases.

Quinto.- Na partida orzamentaria 0520/24100/481 do orzamento xeral desta Deputación para o exercicio 2022 existe consignación orzamentaria para facer fronte á concesión das subvencións propostas.

RESOLVO: 1º.- Aprobar a concesión da V edición dos Premios do Plan de Emprego Local ás entidades que se relacionan a continuación polos importes que se indican:

Persoas beneficiarias

Entidades candidatas                                                                                                             Importe

Nome: DIVERSA TECHNOLOGIES, S.L.
NIF: B09628991
Expediente: 2022000038679
Categoría: Premio á mellor iniciativa empresarial nova ...................................................... 20.000,00 €

Nome: INFORMATICA Y NETWORKING COMPOSTELA, S.L.U.
NIF: B70130885
Expediente: 2022000037909
Categoría: Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada.............................................. 20.000,00 €

Nome: ASOCIACION EMPRESARIOS Y PROFESIONALES COMPOSTELA MONUMENTAL
NIF: G15382468
Expediente: 2022000038451
Categoría: Premio á mellor asociación empresarial ............................................................ 20.000,00 €

Nome: EVA CAYETANA SOMOLINOS OLMO
NIF: ***3982**
Expediente: 2022000038118
Categoría: Accésit á mellor iniciativa empresarial nova......................................................... 5.000,00 €

Nome: EQUIPOS LAGOS, S.A.
NIF: A15827298
Expediente: 2022000038678
Categoría: Accésit á mellor iniciativa empresarial consolidada................................................ 5.000,00 €

Nome: ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE AGRELA
NIF: G15032634
Expediente: 2022000038415
Categoría: Accésit á mellor asociación empresarial............................................................... 5.000,00 €




Ligazóns



Compartir: