Convocatoria pechada. Prazo ata o 17/09/2022

Modificación das bases de concesión de axudas do programa de incentivación do consumo no comercio e hostalería da Praza de Abastos, Bonos Corazón Compostela Praza de Abastos.

BDNS(Identif.):639361

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Ley 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvenciones, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvenciones (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/639361)

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do 26 de xullo de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.- Aprobar as seguintes modificacións das bases da convocatoria para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería da Praza de Abastos a través dos bonos Corazón Compostela Praza de Abastos, que quedan redactadas como segue:

Apartado 2º da Base 4: Actividade subvencionable

4.2. As vendas e servizos subvencionados serán os realizados entre o 20 de xullo e o 17 de setembro de 2022.

Apartado 6º da Base 6: Valor dos bonos, contía da subvención e orde de imputación das compras ou consumos realizados

6.6. O período de validez dos bonos será do 20 de xullo ao 17 de setembro de 2022, ambos inclusive, salvo esgotamento previo do seu saldo. Rematado o período de validez, o bono non trocado caducará. A caducidade do bono leva consigo a perda da totalidade do saldo remanente non consumido, sen poder instar a súa devolución.

Apartado 5º da Base 16. Condicións de uso dos bonos

16.5. O período de validez dos bonos remata o 17 de setembro de 2022. Chegada dita data, os bonos descargados e non trocados, na súa totalidade, caducan. A caducidade do bono leva consigo a perda da totalidade do saldo remanente non consumido, sen poder instar a súa devolución.

Apartado 1 da Base 17. Data de activación dos bonos

17.1. Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonoscorazoncompostela.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 20 de xullo de 2022 e terán una validez ata o 17 de setembro de 2022.

Segundo.- Estas modificacións entrarán en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP de A Coruña.

Santiago de Compostela

26/7/2022

Xosé A. Sánchez Bugallo. O Alcalde


Ligazóns



Compartir: