Convocatoria aberta ata o 8 de setembro de 2022

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

Persoas beneficiarias

1) Bases reguladoras das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022

As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), calquera que sexa a súa forma xurídica e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.

2) Bases reguladoras dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022

Os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tales para os efectos destas axudas:

a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, clústeres empresariais ou hubs de innovación dixital, ao abeiro da Estratexia galega de HID.

b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE nº 20, do 23 de xaneiro de 2009).



Lugar e prazo de presentación

1) Bases reguladoras das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 8 de setembro de 2022.

O lugar a sede electrónica da Xunta de Galicia, código do procedemento IG300C

2) Bases reguladoras dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 8 de setembro de 2022.

O lugar a sede electrónica da Xunta de Galicia, código do procedemento IG300C



Información e consultas

Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento IG300C)

Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Email: informa@igape.es




Ligazóns



Compartir: