Convocatoria aberta ata o 17 de setembro de 2022 (modificación das bases aprobadas en XGL do 26/07/2022)

1.1. O obxecto destas bases é regular a convocatoria de concesión de axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería da Praza de Abastos a través dos bonos Corazón Compostela Praza de Abastos, así como proceder á apertura do prazo de adhesión para os establecementos interesados.

1.2. A finalidade do programa de bonos Corazón Compostela Praza de Abastos é incentivar a demanda axudando economicamente ás persoas consumidoras e fomentar o consumo no comercio e hostalería integrado na Praza de Abastos. Ademais, o programa ten como finalidades propiciar o fortalecemento do sector comercial retallista e hostaleiro da Praza de Abastos, dinamizar a actividade económica promovendo as compras de bens e servizos, mellorar o fondo de manobra do comercio e a hostalería e reducir o impacto económico derivado da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

1.3 COMO FUNCIONAN OS BONOS? Cada cliente poderá descargar ata 3 bonos cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante. Hai tres tipos dispoñibles:

  • Bono de 75 € (IVE incluído): 45 € ponos a persoa usuaria, 30 € o Concello.
  • Bono de 50 € (IVE incluído): 30 € ponos a persoa usuaria, 20 € o Concello.
  • Bono de 30 € (IVE incluído): 18 € ponos a persoa usuaria, 12 € o Concello.
Pódese escoller libremente entre calquera das modalidades e tamén solicitar máis dun bono da mesma clase.O importe dos bonos irase consumindo nas compras de bens ou de servizos que se realicen nos establecementos adheridos ao programa antes do 31 de agosto de 2022 (agora ata 17 de setembro de 2022, pola modificación das bases aprobadas en XGL do 26/07/2022) ou ata esgotar o saldo.


Ligazóns



Compartir: