Convocatoria aberta

Extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Comercio do 30 de xuño de 2022, pola que se convoca a liña de axudas para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Desenvolvemento de plans e proxectos dirixidos á introdución de melloras nas zonas comerciais turísticas, incluídas actuacións no marco deste investimento en novas tecnoloxías; a aplicación de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia enerxética; procesos eficientes desde o punto de vista ecolóxico e reciclado de residuos; a formación do persoal; unha firma dixital integrada adaptada aos visitantes estranxeiros; e a adaptación dos espazos públicos para mellorar a accesibilidade e a mobilidade.

Persoas beneficiarias


a) Os municipios, representados polos seus respectivos concellos.

b) As provincias e illas a través das deputacións provinciais e forais, os cabidos e consellos insulares.

c) As comarcas ou outras entidades que agrupen varios municipios, instituidas polas comunidades autónomas de conformidade coa Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e os correspondentes Estatutos de Autonomía.

d) As mancomunidades de municipios, a condición de que os municipios de poboación superior a 100.000 habitantes non representen máis do sesenta por cento do total da poboación da mancomunidade.



Prazo e lugar de presentación


As candidaturas poderán ser presentadas no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á data de publicación deste extracto da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

A solicitude realizarase de maneira electrónica a través da sede electrónica do ministerio, a través do seguinte link: https://sede.serviciosmin.gob.es/registroelectronico



Información é consultas:

Gobierno de España. Ministerio de Industria, Comercio y Turismo

C/ Panamá, 1 - 28046 Madrid, España
Teléfono: +34 913 494 640

https://comercio.gob.es/es-es/SecretariaDeEstado/Paginas/escriba-secretaria-estado.aspx

HorarioDe lunes a viernes, de 9 a 17,30h

Horario entre el 16 de junio y el 15 de septiembre De lunes a viernes, de 8 a 15h




Ligazóns



Compartir: