Convocatoria aberta ata 15 de novembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, en réxime de concorrencia non competitiva, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para a anualidade 2022.

Actuacións que se subvencionan

1. As actuacións que se subvencionan son a adquisición bicicletas novas con pedaleo asistido en establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

Requisitos técnicos e de equipamento das bicicletas novas con pedaleo asistido

1. Bicicleta con pedaleo asistido, nova, equipada cun motor eléctrico auxiliar, de potencia nominal continua máxima inferior ou igual a 250 W, cuxa potencia diminúa progresivamente e que finalmente se interrompa antes de que a velocidade do vehículo alcance o 25 km/h ou se o ciclista deixa de pedalear (pregables incluídas).
2. Batería de litio, con capacidade igual ou superior a 248 wh (vatios/hora).
3. Cadro ríxido (sen dobre suspensión).
4. Luz traseira e dianteira.
5. Gardabarros dianteiro e traseiro completo, ambos de serie.
6. Pata de cabra ou cabalete.
7. Cumprimento de Norma UNE-EN 15194:2018. Ciclos con asistencia eléctrica. Bicicletas EPAC.

Artigo 4. Contía máxima das axudas

Na seguinte táboa establece a axuda máxima por bicicleta de pedais nova con pedaleo asistido. Cada beneficiario só poderá recibir unha axuda pola adquisición dunha única bicicleta con pedaleo asistido:Bicicletas subvencionables
Subvención máxima (€/bicicleta)                     Beneficiario/a xeral    Beneficiario/a integrante               Beneficiario/a integrante
                                                                                                            dunha familia numerosa                familia numerosa con categoría especial                                                                                                                                                                
Bicicleta con pedaleo asistido que cumpra os
requisitos técnicos e de equipamento
establecidos no artigo 3 desta orde                               500 €                        600 €                                               700 €

Persoas beneficiarias e entidades colaboradoras

- Persoas beneficiarias das subvencións:

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas maiores de idade que realicen a actuación subvencionable establecida no artigo 3 desta orde e estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de final do prazo de presentación de solicitudes.

- Entidades colaboradoras poderan ser todos aqueles establecementos comerciais abertos ao público na Comunidade Autónoma de Galicia que se dediquen de forma total ou parcial á venda de bicicletas con pedaleo asistido e, particularmente, aqueles cuxa actividade se enmarque nunha ou varias das epígrafes seguintes correspondentes ás tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado por Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro:

– Epígrafe 654.1: comercio polo miúdo de vehículos terrestres.
– Epígrafe 659.6: venda polo miúdo de artigos de xoguetes, artigos de deporte, pezas deportivas, calzado e tocado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.
– Epígrafe 661.1: comercio en grandes almacéns, que ofrecen unha variedade ampla e, en xeral, profunda, de varias gamas de produtos.
– Epígrafe 661.2: comercio en hipermercados, establecementos que ofrecen principalmente en autoservizo unha ampla variedade de produtos alimenticios e non alimenticios de gran venda.
– Epígrafe 661.3: comercio en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección unha variedade relativamente ampla e pouco profunda de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.
– Epígrafe 661.9: outro comercio mixto ou integrado en grandes superficies, entendendo por tal o realizado de forma especializada en establecementos cunha superficie útil para a exposición e venda ao público igual ou superior ao 2.500 m² de produtos, tales como os relacionados coa bricolaxe e o equipamento do fogar, mobiliario para o fogar e a oficina, artigos electrónicos e electrodomésticos, artigos para o automóbil, artigos para o deporte ou outros.
– Epígrafe 662.1: comercio polo miúdo de toda clase de artigos en economatos e cooperativas de consumo.
– Epígrafe 662.2: comercio polo miúdo de toda clase de artigos, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe 662.1.

2. Non poderán obter a condición de entidade colaboradora, aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

3. Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispoñer dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como, a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e a Dirección Xeral de Mobilidade.As características técnicas exixibles tamén poderán consultarse na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/mobilidade-sostible).



Prazo e lugar de presentación

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de agosto de 2022, ás 10.00 horas, e finalizará o 15 de novembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.

Forma e lugar de presentación de solicitudes:

1. A tramitación do procedemento de solicitude de axuda (código de procedemento IF319B) realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, https://ebici.xunta.gal2.

As entidades colaboradoras presentarán as solicitudes de axuda por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II), accedendo desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal), ou, directamente, na URL: https://ebici.xunta.galDe conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.



Información é consultas:

Sede electrónica Xunta de Galicia

(códigos de procedemento IF319A e IF319B)




Ligazóns



Compartir: