No BOE nº: 148 do 22/06/2022 publícase o extracto da Resolución de 20 de xuño de 2022 da Fundación EOI F.S.P., pola que se convoca a Decimoquinta Edición dos Premios Nacionais de Artesanía.

A dotación económica das distintas modalidades será a seguinte:
- Premio Nacional de Artesanía: 7.000 euros
- Premio Produto: 3.000 euros
- Premio ao Emprendemento: 3.000 euros
- Premio Promociona para Entidades Privadas: 3.000 euros
- O Premio Promociona para Entidades Públicas non terá dotación económica
Serán de aplicación a estas cantidades as retencións fiscais establecidas por lei.

Persoas beneficiarias

A cada unha das modalidades dos Premios Nacionais de Artesanía poderán ser propostas as persoas físicas e xurídicas relacionadas no punto PRIMEIRO do extracto  desta resolución



Lugar e prazo de presentación

Lugar: A presentación da candidatura farase exclusivamente mediante o formulario que se proporcionará para o efecto na web www.premiosnacionalesdeartesania.com

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE



Información é consultas:

www.premiosnacionalesdeartesania.com




Ligazóns



Compartir: