No BOE nº 131 do xoves 02 de xuño publicouse o extracto da Orde ICT/1519/2021, do 30 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras de axudas para proxectos de dixitalización de «última milla» en empresas do sector turístico e procédese á súa convocatoria correspondente ao ano 2021, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Persoas beneficiarias

As empresas do sector turístico definidas no artigo 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, sempre que estean validamente constituídas, teñan personalidade xurídica propia e domicilio fiscal en España. Consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade económica independentemente da súa forma xurídica e do seu financiamento e que entre os seus fins e actividades recollan a xestión, promoción, posta en valor e difusión dos recursos turísticos clasificadas baixo algún dos códigos de Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) publicados nesta convocatoria.



Lugar e prazo de presentación

Lugar: Presentaranse ante a sede electrónica do Ministerio, que será accesible na dirección electrónica https://sede. serviciosmin. gob.es, así como a través do Portal de Axudas do Ministerio https://www.mincotur.gob.es/portalayudas, así como da páxina https:// preturismo. serviciosmin. mityc. age/ SolicitudesTurismo/ dum/ menu#1

Prazo: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a publicación do extracto da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».



Información é consultas

Sede electrónica do Ministerio:https://sede. serviciosmin. gob.es

Web do Ministerio: https://www.mincotur.gob.es/portalayudas




Ligazóns



Compartir: