Convocatoria aberta.  Entidade convocante: Deputación de A Coruña

Esta convocatoria consiste en premiar as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións e agrupacións industriais empresariais fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradores /as de riqueza e emprego, contribuíndo á súa sustentabilidade e fomentando a cultura emprendedora na provincia.

No BOP de A Coruña nº: 98 do 25 de maio de 2022 publicouse o Extracto da Resolución número 2022/ 23903, de 18 de maio de 2022, da Presidencia da Deputación de A Coruña, pola que se aprueba a convocatoria da V edición dos Premios do Plan de Emprego Local (PEL-EPR PREMIO 2022)

Persoas beneficiarias

1. Pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos/ as que teñan domicilio fiscal e social nalgún municipio da provincia da Coruña e exercicio económico continuado na actividade empresarial.

2. Asociacións e agrupacións industriais empresariais que teñan domicilio fiscal e social na provincia da Coruña e conten, como mínimo, con 25 asociados.



Lugar e prazo de presentación

Lugar: Tanto a presentación de candidaturas como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTeL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Prazo: O prazo de presentación de candidaturas iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña e finalizará ás 14:00 horas do 28 de xuño de 2022.



Información é consultas:

DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA
SERVIZO DE DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL E TRANSICIÓN ECOLÓXICA

Avenida Porto da Coruña, 2
15003 A Coruña
Tlf: 981 080 300
Información: sede@dacoruna.gal




Ligazóns



Compartir: