Pechada

A presente liña de axudas, cunha dotación de 25.000 euros, trata de fomentar a cultura da innovación no pequeno comercio, como ferramenta fundamental para incrementar a súa competitividade empresarial, subvencionando aqueles investimentos relacionados coa incorporación de novos productos, procesos, métodos de comercialización ou de organización empresariais.



Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos: 

-  Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no BOP. 
-  Os requisitos deben cumprise no momento da publicación desta convocatoria no BOP. 
-  Que o local comercial sobre o que se realice o investimento se atope no municipio de Santiago de Compostela.



Gastos subvencionables

Con carácter xeral, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada, teñan como lugar de realización a sede de actividade comercial, e sexan realizados e efectivamente pagados desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a o 31 de outubro de 2017, tales como:

  • Maquinaria e bens de equipo, incluídos os informáticos, relacionados coa actividade productiva da empresa
  • Periféricos e outros compoñentes (Lectores de códigos de barras, caixóns portamoedas, impresoras de tickets, etc.)
  • TPV integrados
  • Paquetes de software de xestión, organización ou comercialización empresarial e licencias precisas para a realización da actividade da empresa.
  • Obras de reforma e/ou ampliación do local ocupado pola empresa.
  • Mellora de illamentos, equipamentos e instalacións.
  • Intervencións  tales como substitución de ventas, adquisición/substitución de mobiliario e elementos de decoración, luminarias, intervencións en fachadas e instalación/substitución de letreiros e rótulos comerciais.
En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.



Solicitudes e documentación

As solicitudes, segundo o modelo normalizado “Anexo 0”, dirixiranse ao Alcalde- Presidente do Concello de Santiago de Compostela, e  presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das Administracións Públicas, coa consideración establecida na Disposición Final sétima da citada lei de que as previsións, entre outras, relativas ao rexistro electrónico non producirán efectos ata os dous anos da entrada en vigor da lei. Se a solicitude fóra presentada a través de medio distinto do rexistro municipal do Concello de Santiago deberá remitirse, dentro do prazo límite de presentación de solicitudes, unha copia da instancia, debidamente presentada, ao enderezo de correo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal. A documentación a presentar pode consultarse nas bases completas.  Debe ter en conta que coa solicitude inicial debe achegarse xa a documentación xustificativa do investimento realizado.




Descargas



Compartir: