Analizar as posibilidades e planificar os cambios que convén facer para ser máis atractivo, máis tecnolóxico... ou máis sustentable, non é tarefa doada. Para axudarche, nada mellor que contar co asesoramento de profesionais que poidan orientarte sobre as melloras que che poden interesar. Por iso, un ano máis, o Concello de Santiago ofrece, en réxime de concorrencia competitiva, os CHEQUES DE CONSULTORÍA, que se transforman nese plus especializado que precisas. Adxudicaranse un total de 20 cheques: -10 para a reforma e acondicionamento de locais de negocio. - e outros tantos (10 cheques) de asesoramento en comunicación comercial.

Que comprenden estas axudas?

Os cheques de consultaría consisten na posta a disposición das empresas beneficiarias de servizos profesionais cuxo obxectivo é realizar unha avaliación interna da que se obterá un informe sobre as necesidades detectadas, a súa prioridade, unha proposta de actuacións que cómpre levar a cabo e o orzamento aproximado da súa execución.



Quen pode beneficiarse?

Poderán resultar beneficiarios todos aqueles establecementos comerciais polo miúdo cuxa actividade principal estea preferentemente incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes relacionadas no anexo II das bases da convocatoria (comercio), e radiquen no municipio de Santiago de Compostela. En caso de non se cubriren os cheques dispoñibles poderán resultar beneficiarias persoas cunha actividade económica distinta das recollidas no anexo II. 




Cales son os criterios de concesión?

O criterio de adxudicación é a orde temporal estrita de entrada da solicitude no rexistro do Concello de Santiago, sen prexuízo das preferencias por sector de actividade e localización do local comercial recollidas nas bases da convocatoria, que serán de aplicación en todo caso.



Ata cando podo presentar a solicitude?

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP (16 de abril de 2019).



Máis información

Consulta os documentos necesarios e as bases completas aquí.

Se tes algunha dúbida, contacta cos departamentos de Lingua ou Comercio para todo o que precises saber en dlg@santiagodecompostela.gal e comercio@santiagodecompostela.gal

Visita a web do programa http://coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal/ e fai medrar ao nosos comercios e empresas.




Descargas



Compartir: