A presente liña de axudas, cunha dotación de 25.000 euros, trata de fomentar a cultura da innovación no pequeno comercio, como ferramenta fundamental para incrementar a súa competitividade empresarial, subvencionando aqueles investimentos relacionados coa incorporación de novos productos, procesos, métodos de comercialización ou de organización empresariais.

O prazo de presentación remata o próximo 6 de outubro de 2017.

CONCELLARÍA DE COMERCIO DO CONCELLO DE SANTIAGO. EN PRAZO

Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

-  Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no BOP.
-  Os requisitos deben cumprise no momento da publicación desta convocatoria no BOP.
-  Que o local comercial sobre o que se realice o investimento se atope no municipio de Santiago de Compostela.



Criterios de concesión

  • VOLUME DO INVESTIMENTO REALIZADO. Valorarase con 1 punto investimentos inferiores ou iguais a 2.000,00€; con 2 puntos investimentos superiores a 2.000,00€ e inferiores ou iguais a 5.000,00€ e con 3 puntos investimentos superiores a 5.000,00€. Enténdense excluídos impostos.
  • TAMAÑO DA EMPRESA. Valorarase con 1 punto que a empresa non supere as cinco persoas traballadoras. Neste cómputo non se inclúe ás persoas promotoras.
  • FORMA XURÍDICA DA EMPRESA. Valorarase con 1 punto que a empresa solicitante sexa unha cooperativa, sociedade laboral ou empresa de inserción laboral.
  • USO DO GALEGO NO PROXECTO EMPRESARIAL. Valorarase con 1 punto o emprego do galego nos distintos ámbitos     empresariais:    tanto internos   ou de xestión coma externos ou relacionais.
  • EMPREGABILIDADE DA MULLER. Valorarase con 1 punto que sexa muller a persoa titular da actividade. No caso de      sociedades deberase acreditar que a muller ten unha participación superior ao 50%. 
  • FOMENTO DO ASOCIACIONISMO. Valorarase con 1 punto a pertenza a unha asociación de comerciantes ou        empresarios.
  • TAMAÑO DO ESTABLECEMENTO COMERCIAL. Valorarase con 1 punto que o local comercial non supere os 150 metros cadrados  de superficie comercial destinada á exposición e venda.
  • EMPREGO XUVENIL. Valorarase con 1 punto que a persoa titular da actividade sexa unha moza ou mozo de ata 35 anos. No caso de sociedades deberase acreditar que a moza ou mozo ten unha participación superior ao 50%.
  • SUSTENTABILIDADE E ECONOMÍA CIRCULAR. Valorarase con 1 punto que a persoa solicitante teña implantada unha política de eliminación de residuos a través de xestores autorizados. Valorarase con 1 punto á persoa solicitante que promova ou teña implantadas no seo da empresa medidas ou prácticas sustentables e de economía circular tales como contar co distintivo europeo da ecoetiqueta nalgún dos seus produtos, abastecerse de provedores locais, contar con servizo de reparación post venda, entre outras, etc..

No caso de que máis dunha solicitude obteña a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios e coa seguinte orde de prioridade: 
  • Implantación de medidas de sustentabilidade e economía circular
  • Que sexa unha muller a persoa titular da actividade
  • Que sexa unha moza ou mozo de ata 35 anos o titular da actividade
  • Que a empresa non supere as cinco persoas traballadoras. Neste cómputo non se inclúe ás persoas promotoras.



Gastos subvencionables

Con carácter xeral, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada, teñan como lugar de realización a sede de actividade comercial, e sexan realizados e efectivamente pagados desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a o 31 de outubro de 2017, tales como:

  • Maquinaria e bens de equipo, incluídos os informáticos, relacionados coa actividade productiva da empresa
  • Periféricos e outros compoñentes (Lectores de códigos de barras, caixóns portamoedas, impresoras de tickets, etc.)
  • TPV integrados
  • Paquetes de software de xestión, organización ou comercialización empresarial e licencias precisas para a realización da actividade da empresa.
  • Obras de reforma e/ou ampliación do local ocupado pola empresa.
  • Mellora de illamentos, equipamentos e instalacións.
  • Intervencións  tales como substitución de ventas, adquisición/substitución de mobiliario e elementos de decoración, luminarias, intervencións en fachadas e instalación/substitución de letreiros e rótulos comerciais.
En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.



Solicitudes e documentación

As solicitudes, segundo o modelo normalizado “Anexo 0”, dirixiranse ao Alcalde- Presidente do Concello de Santiago de Compostela, e  presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das Administracións Públicas, coa consideración establecida na Disposición Final sétima da citada lei de que as previsións, entre outras, relativas ao rexistro electrónico non producirán efectos ata os dous anos da entrada en vigor da lei. Se a solicitude fóra presentada a través de medio distinto do rexistro municipal do Concello de Santiago deberá remitirse, dentro do prazo límite de presentación de solicitudes, unha copia da instancia, debidamente presentada, ao enderezo de correo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal. A documentación a presentar pode consultarse nas bases completas.  Debe ter en conta que coa solicitude inicial debe achegarse xa a documentación xustificativa do investimento realizado.




Descargas



Compartir: