Aberta

Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais legalmente constituídas, de carácter local, sen fin de lucro, e que reúnan ademais os seguintes requisitos:
-  Que o seu ámbito de actuación sexa eminentemente local referido ao municipio de Santiago de Compostela.
- Ter a súa sede social no Concello de Santiago de Compostela.
-  Non estar integradas por empresas comerciais que operen en mercados municipais suxeitos a concesión administrativa.



Prazos

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 11 de setembro de 2017. As persoas beneficiarias terán como prazo límite para a presentación dos xustificantes de pagamento e demais documentación acreditativa da realización das actuacións subvencionadas o 30 de novembro de 2017.




Descargas



Compartir: