Fundación Santiago Centro

Constituíuse formalmente como fundación en 2004. Conta co recoñecemento da Xunta de Galicia como fundación de interese galego. O seu obxectivo principal é a revitalización do seu ámbito de actuación, o Ensanche, nos aspectos social, cultural, veciñal e económico. Trátase dunha entidade que realiza periodicamente actividades de promoción comercial, fidelización das/os consumidores/as, e captación de novos clientes, así como formación e asesoramento ao sector comercial.
Dentro da súa traxectoria de actividade promocional destaca a campaña de Nadal cunha serie de accións de dinamización da compra e animación da zona comercial.


Contacto:      
Tel. 981 554 295
info@santiagocentro.gal
www.santiagocentro.gal






Compartir: