Direccón Xeral de Comercio. Xunta de Galicia. Pechada

Persoas beneficiarias

Os/as comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio, se dediquen a el de xeito habitual e cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique nesta comunidade autónoma.
  2. Ter unha idade mínima de 64 anos cumpridos na data en que se presenta a solicitude.
  3. Exercer, como titular do comercio, unha ou varias das actividades comerciais relacionadas no anexo II, de forma ininterrompida durante os últimos dez anos.
  4. Estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos de forma ininterrompida e ter cotizado á Seguridade Social un período previo tal que lle permita completar o período de carencia esixido para ter dereito á pensión de xubilación, polo menos, ao chegar á idade ordinaria de xubilación.
  5. Designar a persoa física continuadora da actividade, con capacidade legal para exercer o comercio.
  6. Estar inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.



Prazos

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de agosto de 2016.
O prazo para a presentación da documentación xustificativa requirida para o pagamento da subvención remata o 30 de novembro de 2016.




Ligazóns



Compartir: