O Ensanche foi a primeira zona de expansión de Santiago máis alá das antigas murallas, e de aí o nome deste barrio, que “ensanchou” a cidade a partir da década dos cincuenta do século pasado. É unha zona de grande actividade comercial, moderna e animada. Entre a variada oferta do Ensanche destaca a presenza dos grandes almacéns de marcas internacionalmente coñecidas, moitas delas españolas e galegas e outras moitas con produción máis exclusiva.

Esta área comercial, con máis de 1.300 comercios a pé de rúa, destaca pola súa cantidade de tendas de moda, calzado e complementos. Se ben, a variedade de produto é espectacular e están representados todos os sectores: librarías, xogueterías, reloxerías..., e, por suposto, servizos de restauración, supermercados e tendas gourmet. Os dous principais puntos de encontro son a praza de Galicia (onde conflúen case todas as liñas de bus urbano) e a praza Roxa.

As rúas cunha maior concentración de comercios, todas elas moi próximas entre si, son: Xeneral Pardiñas, Doutor Teixeiro, Alfredo Brañas, Montero Ríos, República de El Salvador, República Arxentina e as prazas de Galicia e Roxa e as súas inmediacións.

A área comercial conta cun centro comercial aberto, Santiago Centro.






Compartir: