Do luns 15 de marzo de 2021 ata o xoves 18 de marzo de 2021

Estado: Aberto

En atención as dificultades inherentes á presentación electrónica de solicitudes para as recentes e próximas convocatorias de axudas municipais, e coa finalidade de achegar ao tecido empresarial compostelán recursos formativos para poder superar ditas dificultades, o Concello de Santiago, a través do seu departamento de comercio, convoca o curso “A Administración electrónica e a tramitación de axudas municipais en Sede electrónica”.  Dende un enfoque práctico analizaranse todas as funcionalidades que ofrece a Sede Electrónica. O obxectivo desta formación é repasar de forma práctica todas as accións que se poden realizar a través da Sede Electrónica e mellorar a eficiencia e os tempos de tramitación nos seus expedientes administrativos. O curso conterá ademais cun módulo específico dedicado á tramitación de axudas municipais a través da Sede Electrónica do Concello de Santiago.

A inscrición realizarase a través do formulario dispoñible neste apartado. O prazo para a inscrición rematará o 12 de marzo ás 14 h.

O criterio de admisión será a orde de entrada da solicitude.




LISTAXE DE AGARDA

Con todas as persoas inscritas que non obteñan praza en ningunha das edicións convocadas, elaborarase unha listaxe de agarda. Aquelas persoas admitidas que non asistan á primeira sesión perderán a súa praza no curso e a súa praza será ofertada á seguinte persoa da listaxe de agarda elaborada.

DURACIÓN, DÍAS E HORARIOS

DURACIÓN: 10 horas en streaming -retransmisión de clases en directo.

DÍAS: 15, 16, 17 E 18 DE MARZO: 
2.5 horas cada día

HORARIOS: Edición tarde20:00-22:30

DESTINATARIOS E NÚMERO DE PRAZAS

  • Empresas e autónomos
  • Persoal colaborador na tramitación de axudas públicas e outros trámites administrativos: persoal de asesorías ou de asociacións empresariais que tramiten ditos expedientes por poder de representación dos seus representados ou asociados. 

Requisitos para facer o curso:
  • Dispoñer dun correo electrónico activo, posibilidade de acceso a Internet e manexo do computador a nivel de usuario
  • Ter certificado dixital ou obtelo durante o curso
O número de prazas convocadas son 20 prazas

Descargas



Compartir: