Do venres 18 de setembro de 2020 ata o xoves 1 de outubro de 2020

Estado: Aberto

O Concello completa as opcións de comercio seguro para o comercio local cun selo propio a través da certificadora internacional SGS

Douscentos establecementos da cidade poderán obter o selo sen ningún tipo de custe para eles. A adhesión a esta campaña municipal suporá tamén unha importante vantaxe para os comercios adheridos, xa que a primeira renovación terá só un custo de 50 euros máis IVE. Ademais, o Concello edita e pon a disposición dos comercios o documento de apoio para a obtención do selo. O manual contén todas as medidas de prevención de contaxio do SARS- CoV-2 para o sector comercial, cuxo cumprimento será obxecto de verificación e certificación pola certificadora contratada ao efecto polo Concello.

O prazo para adherirse á campaña de certificación de comercio seguro comeza mañá, venres 18 de setembro, e remata o vindeiro día 1 de outubro ás 14h. A concesión farase segundo orde de entrada da solicitude, para o que deberá cubrirse o formulario dispoñible nesta sección. As asociacións de comerciantes da cidade poderán anotar os seus asociados de xeito colectivo mediante o envío da listaxe correspondente ao enderezo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal.

Á vista e consulta do manual, os comercios participantes poderán remitir todas as súas dúbidas sobre o proceso de verificación e as medidas de prevención ao enderezo do departamento comercio@santiagodecompostela.gal.

Certificadora SGS Internacional Certification Services Ibérica S.A.U 
SGS é o líder mundial en inspección, verificación, ensaio e certificación, máximo garante dos principios de calidade, independencia e imparcialidade na súa actuación.

Descargas



Compartir: