Situado na zona norte de Santiago de Compostela, alberga amplas superficies comerciais de marcas recoñecidas, caracterizadas pola especialización dos produtos que comercializan: decoración, artigos deportivos, calzado, moda, electrodomésticos, bricolaxe etc. O parque conta ademais cun centro empresarial e de negocios no que se asentan algunhas das empresas punteiras en tecnoloxía do ámbito nacional.