Conxo foi un municipio independente ata o ano 1925 no que foi anexionado por Santiago. Hoxe en día é a zona urbana de maior expansión residencial, que atrae moita xente nova que se instala no barrio para vivir ou montar o seu negocio. É unha das parroquias máis populares e entrañables da cidade e dun gran peso monumental. Neste barrio atópase, entre outros monumentos, o Castelo da Rocha, que formaba parte do complexo defensivo de Santiago ata que foi destruído pola revolta Irmandiña. As novas rúas que seguiron o barrio primitivo contan cunha importante zona comercial. A maior concentración de comercios, hostalería e servizos atópase nas rúas que constitúen o eixe principal do barrio, a avenida de Villagarcía, Sánchez Freire, García Prieto e Doutor Maceira, pero non podemos esquecernos ademais da incipiente  avenida de Ferrol.




Descargas



Compartir: