A Cidade Histórica, o corazón de Santiago, é unha área peonil sorprendentemente viva e vivida, a calquera hora do día..., e da noite.

Á riqueza monumental, á cantidade de bares, cafés e restaurantes e de museos, galerías e salas de exposicións, hai que sumarlle a riqueza e variedade do seu comercio, con máis de 640 negocios nos seus baixos a pé de rúa.

Centos de tendas co encanto do pasado e outras lindamente rehabilitadas, nas que facer compras únicas, cun deseño exclusivo. O resultado é unha ampla oferta comercial que vai desde traxes tradicionais ata a mellor moda e dende pezas cerámicas a xoias de deseño e outras do día a día, pois tamén é zona de ultramarinos e tendas de alimentación e gourmet así como zapaterías e lencerías de toda a vida.

O eixo de compras por excelencia é o que compoñen as rúas Orfas, Calderería e Preguntoiro ata chegar á praza de Cervantes. Outras rúas principais para as compras son as que arrodean a catedral, especialmente as rúas do Vilar, Nova e Franco, e tamén da Acibechería.

O ámbito conta cun centro comercial aberto, Compostela Monumental.






Compartir: