Atopa toda a información sobre axudas e subvencións vixentes para o desenvolvemento, mantemento e consolidación do teu negocio, tanto municipais como doutras entidades ou organismos.

Liña de axudas para o apoio da actividade comercial en zonas rurais

Convocatoria aberta

Extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Comercio do 30 de xuño de 2022, pola que se convoca a liña de axudas para o apoio da actividade comercial en zonas rurais.

Apoiar a implementación, modernización e fomento da actividade comercial en zonas rurais, mellorando a competitividade, sustentabilidade e diversificación da economía rural.

Liña de axudas para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Convocatoria aberta

Extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Comercio do 30 de xuño de 2022, pola que se convoca a liña de axudas para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Desenvolvemento de plans e proxectos dirixidos á introdución de melloras nas zonas comerciais turísticas, incluídas actuacións no marco deste investimento en novas tecnoloxías; a aplicación de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia enerxética; procesos eficientes desde o punto de vista ecolóxico e reciclado de residuos; a formación do persoal; unha firma dixital integrada adaptada aos visitantes estranxeiros; e a adaptación dos espazos públicos para mellorar a accesibilidade e a mobilidade.

Liña de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas

Convocatoria aberta

Extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Comercio deo 30 de xuño de 2022, pola que se convoca a liña de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas.

Desenvolvemento de plans e proxectos dirixidos á introdución de melloras nas zonas comerciais turísticas, incluídas actuacións no marco deste investimento en novas tecnoloxías; a aplicación de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia enerxética; procesos eficientes desde o punto de vista ecolóxico e reciclado de residuos; a formación do persoal; unha firma dixital integrada adaptada aos visitantes estranxeiros; e a adaptación dos espazos públicos para mellorar a accesibilidade e a mobilidade.

Bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión

Convocatoria aberta ata 15 de novembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, en réxime de concorrencia non competitiva, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para a anualidade 2022.

Actuacións que se subvencionan

1. As actuacións que se subvencionan son a adquisición bicicletas novas con pedaleo asistido en establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

Requisitos técnicos e de equipamento das bicicletas novas con pedaleo asistido

1. Bicicleta con pedaleo asistido, nova, equipada cun motor eléctrico auxiliar, de potencia nominal continua máxima inferior ou igual a 250 W, cuxa potencia diminúa progresivamente e que finalmente se interrompa antes de que a velocidade do vehículo alcance o 25 km/h ou se o ciclista deixa de pedalear (pregables incluídas).
2. Batería de litio, con capacidade igual ou superior a 248 wh (vatios/hora).
3. Cadro ríxido (sen dobre suspensión).
4. Luz traseira e dianteira.
5. Gardabarros dianteiro e traseiro completo, ambos de serie.
6. Pata de cabra ou cabalete.
7. Cumprimento de Norma UNE-EN 15194:2018. Ciclos con asistencia eléctrica. Bicicletas EPAC.

Artigo 4. Contía máxima das axudas

Na seguinte táboa establece a axuda máxima por bicicleta de pedais nova con pedaleo asistido. Cada beneficiario só poderá recibir unha axuda pola adquisición dunha única bicicleta con pedaleo asistido:Bicicletas subvencionables
Subvención máxima (€/bicicleta)                     Beneficiario/a xeral    Beneficiario/a integrante               Beneficiario/a integrante
                                                                                                            dunha familia numerosa                familia numerosa con categoría especial                                                                                                                                                                
Bicicleta con pedaleo asistido que cumpra os
requisitos técnicos e de equipamento
establecidos no artigo 3 desta orde                               500 €                        600 €                                               700 €

Bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia

Convocatoria aberta

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, financiadas con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

Con esta finalidade, o programa Emega comprende as seguintes liñas de axuda:
a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
b) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora, no actual contexto económico, contexto que se viu agravado pola situación da pandemia da COVID-19. As ditas medidas non poderán supor, en ningún caso, destrución do emprego existente por conta propia e allea.
c) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
d) Liña Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal

Convocatoria pechada.  Entidade convocante: Xunta de Galicia

No DOG nº: 98 do Luns, 23 de maio de 2022 publícanse a Orde e o Extracto onde se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2022. 

V edición dos Premios do Plan de Emprego Local (PEL-EPR PREMIO 2022)

Convocatoria pechada.  Entidade convocante: Deputación da Coruña

Esta convocatoria consiste en premiar as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións e agrupacións industriais empresariais fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradores /as de riqueza e emprego, contribuíndo á súa sustentabilidade e fomentando a cultura emprendedora na provincia.

No BOP de A Coruña nº: 98 do 25 de maio de 2022 publicouse o Extracto da Resolución número 2022/ 23903, de 18 de maio de 2022, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aprueba a convocatoria da V edición dos Premios do Plan de Emprego Local (PEL-EPR PREMIO 2022)