O comercio de Compostela destaca polo seu dinamismo; son moitas as entidades e colectivos que fan que o noso tecido comercial sexa un dos motores económico máis importantes da cidade.
Nesta sección poderás atopar todas as actividades programadas que teñen por obxeto a promoción do comercio local favorecendo a súa modernización e adaptación ás novas demandas dos clientes.
Consulta as diferentes accións en curso, sexas comerciante ou consumidor, e sigamos facendo do comercio compostelán de sempre un referente tanto en servizo como en calidade.
Se pertences a unha asociación, grupo de comerciantes ou veciños e queres achegarnos algunha nova de dinamización comercial so tes que mandarnos un correo electrónico con toda a información a comercio@santiagodecompostela.gal e incluirémola neste apartado web.

FEIRA NAPOLEÓNICA GOYESCA
10-10-2016 A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental organizará os días 14, 15 e 16 de outubro, no Casco histórico, a I Feira Napoleónica Goyesca - Batalla do Campo da Estrela. O obxectivo que persegue o evento é dinamizar a zona monumental en datas de baixa intensidade para o comercio e a hostalería, así como facilitar aos veciños do barrio unhas xornadas festivas e cheas de actividades para todos os públicos. Durante os tres días que durará a feira, recrearase a histórica Batalla do Campo da Estrela, onde a División do Miño, capitaneada por Martín de la Carrera, enfrontouse ás tropas do Xeneral francés Maucune, derrotándoas e creando unha situación propicia para a expulsión de Galicia do exército de Napoleón Bonaparte. Ademais das actuacións programadas, desenvolveranse obradoiros e actividades para os máis xoves ao longo da xornada. Ler máis
IV Edición Evento Networking "Máis amigos máis negocios"
27-06-2016 Evento de Networking organizado pola asociación de empresarios e comerciantes de Santiago de comarca Em Rede. Ler máis
Exhibición da escola de baile “El Tomasón” e “Sábados creativos” en Área Central
11-03-2016 Área Central ofrecerá mañá sábado 12 de marzo actividades variadas para facer máis amena a visita dos clientes do centro comercial; o escenario principal acollerá a exhibición de baile da academia “El Tomasón” de Ribeira e a esquina amarela terá a sesión dos “Sábados creativos”, na que os nenos realizarán experimentos divertidos. Ler máis
Mercado de Nadal
24-02-2016 O Mercado de Nadal, organizado desde o departamento de Comercio do Concello, celebrouse entre o 11 de decembro e o 5 de xaneiro na nave 5 do Mercado de Abastos de Santiago. Ler máis