O comercio de Compostela destaca polo seu dinamismo; son moitas as entidades e colectivos que fan que o noso tecido comercial sexa un dos motores económico máis importantes da cidade.

Nesta sección poderás atopar todas as actividades programadas que teñen por obxeto a promoción do comercio local favorecendo a súa modernización e adaptación ás novas demandas dos clientes.  

Consulta as diferentes accións en curso, sexas comerciante ou consumidor, e sigamos facendo do comercio compostelán de sempre un referente tanto en servizo como en calidade.

Se pertences a unha asociación, grupo de comerciantes ou veciños e queres achegarnos algunha nova de dinamización comercial so tes que mandarnos un correo electrónico con toda a información a comercio@santiagodecompostela.gal e incluirémola neste apartado web.


Festa "Máis de 55 anos vivindo o Ensanche. Feira do Comercio

12-09-2017 Dentro da Festa "Máis de 55 anos vivindo o Ensanche”, que se celebrará o próximo día 30 de setembro, no entorno da Praza Roxa e no Parque de Ramirez, terá lugar a Feira do Comercio, que xa vai pola súa terceira edición. E un día de festa, onde, xunto con moitas máis actividades, celébrase unha Feira do comercio, con postos de venda de artesanía, agasallos, produtos gourmet, ecolóxicos.. unha importante mostra do noso tecido artesanal. Se estás interesado/a en pór un posto de venda, consulta as bases e inscríbete segundo se indica. O prazo de inscrición remata o próximo venres 15 de setembro ás 12 da noite. Non deixes escapar esta oportunidade!!Entidades organizadoras: asociación veciñal Raigame e as asociacións de comerciantes Em Rede e Santiago Centro. Ler máis

ZOCO DE SAN PEDRO. 17 setembro. Praza 8 de marzo

12-09-2017 O Zoco de San Pedro celebrarase por primeira vez o domingo 17 de setembro, de 11 h ás 20 h, na Praza 8 de marzo. É unha actividade organizada polos comerciantes da rúa de San Pedro coa colaboración da asociación veciñal A Xuntanza. Zoco de San Pedro é un espazo onde poderás regatear nas tuas compras “con sentidiño, eso sí” e non só no prezo, senón en todo no que alcance a túa imaxinación, e exista acordo entre vendedor e comprador. A xornada animarase con sesión vermú, flash mob e moitas máis sorpresas.. achégate ao Barrio de San Pedro o 17 de setembro, e participa no ZOCO de SAN PEDRO. Participan os zoqueiros Batik, Como pez en el água, Delicias canarias, El taller de Fer, Faino ti, La Fromaxerí, Lambona, Mercería Luisa, Mononoke, Óptica M&S, Libraría Pedreira, Queroté e Xearte Brigitte Ler máis

Charla coloquio "Novos métodos de pago a través do móbil"

17-03-2017 A Fundación Santiago Centro, Área Comercial, organiza para o próximo día 21 de marzo unha xornada de formación dirixida a comerciantes do Ensanche de Compostela sobre os novos métodos de pago a través do teléfono móbil. A actividade levarase a cabo no salón de actos do Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 16) o día 21 de marzo ás 20.30h. A xornada enmárcase dentro do ciclo de charlas coloquio “O comercio que vén”, co que Santiago Centro busca expoñer ao sector as últimas tendencias, debater sobre o futuro e atopar novas vías. Esta primeira sesión está ao cargo de Iago Varela, enxeñeiro de telecomunicacións e blogueiro tecnolóxico especializado en Android e telefonía. É o responsable da web Mallando no Android. Na súa intervención falará de pago a través de móbil, das diferentes tecnoloxías existentes na actualidade e da súa implantación, e mostrará os distintos tipos de solucións e posibilidades para comerciantes e usuarios. Ler máis

Mercado Nadal 2016/2017

01-02-2017 O Mercado de Nadal, organizado desde o departamento municipal de Comercio, celebrou a súa terceira edición entre o 3 de decembro e o 5 de xaneiro na rúa Carreira do Conde. Preto de 17000 persoas visitaron o mercado durante todo o Nadal. Ler máis

COMERCIO EMBLEMÁTICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. DE SEMPRE

17-10-2016 Os nosos comercios son froito dunha longa evolución ateigada de esforzo, creatividade e historias de vida. Como a propia Compostela, fóronse adaptando ás necesidades dos tempos, mudando para seguir sendo un piar da comunidade, para ofrecernos en cada momento os mellores produtos e servizos. As pegadas deses cambios son aínda visibles nas rúas, na feitura dos edificios, na aparencia de moitos establecementos ou nos elementos históricos que outros conservan. Son voces do pasado que soan con forza no noso presente, pois falan do que noutro tempo fomos e do que queremos ser, das nosas vivencias persoais e das nosas ilusións. Por esta razón, os establecementos comerciais constitúen unha representación de nós mesmos e da cidade. Os seus vellos mobles, rótulos vintage, aparellos antigos ou os saberes acumulados polos propietarios dan cor a unha paisaxe urbana e emocional que sen eles sería banal e impersoal. Signifícanse coma un emblema da cidade, un deses ingredientes que fan de Santiago un lugar único, feito con pedra e corazón. Ler máis



Compartir: