O comercio de Compostela destaca polo seu dinamismo; son moitas as entidades e colectivos que fan que o noso tecido comercial sexa un dos motores económico máis importantes da cidade.
Nesta sección poderás atopar todas as actividades programadas que teñen por obxeto a promoción do comercio local favorecendo a súa modernización e adaptación ás novas demandas dos clientes.
Consulta as diferentes accións en curso, sexas comerciante ou consumidor, e sigamos facendo do comercio compostelán de sempre un referente tanto en servizo como en calidade.
Se pertences a unha asociación, grupo de comerciantes ou veciños e queres achegarnos algunha nova de dinamización comercial so tes que mandarnos un correo electrónico con toda a información a comercio@santiagodecompostela.gal e incluirémola neste apartado web.
Nova de Proba
07-06-2021 Ler máis

A tenda De Cotío álzase co primeiro premio do Concurso de Escaparates de Nadal
22-12-2020 O xurado do concurso de escaparatismo de Nadal, reunido telematicamente o luns 21 de decembro, emitou o seu fallo tras valorar os 15 escaparates finalistas. Tamén comprobou o resultado da votación popular realizada a través da páxina en Facebook de Comercio Santiago.Os 15 escaparates finalistas están poden verse na web concursoescaparates.gal. Ler máis

Moda a pé de rúa
15-09-2017 Santiago Centro celebra o día 29 de setembro o desfile 'Moda a pé de rúa', dedicado á moda infantil, xuvenil, de señora e de cabaleiro para a temporada de outono-inverno. Retómase deste xeito o proxecto adiado en primavera polas malas predicións meteorolóxicas. Nesta ocasión, levarase a cabo baixo unha estrutura colocada na Praza Roxa ás 19h. O prazo para inscribirse remata o venres 15 de setembro Ler máis

Obradoiros de outono de EMREDE 2017!
13-09-2017 Xa de volta das vacacións, a asociación de comerciantes EMREDE comeza cos seus Obradoiros de Outono! Ler máis
COMERCIO SINGULAR DO CASCO HISTÓRICO COMPOSTELÁN. Folleto descargable
13-09-2017 Froito da colaboración de trinta e cinco comercios do casco histórico compostelán xorde “COMERCIO SINGULAR”; a mostra máis representativa da singularidade do comercio do centro histórico de Santiago de Compostela. Para a posta en valor das características que o definen: a autenticidade, o agarimo na selección dos mellores produtos, a atención personalizada,... os comercios participantes editan este fantástico folleto, cunha estética coidada e de alta calidade, que amosa a identidade dunha cidade. Nel están representados todos os sectores de actividade: artesanía, cosmética, gastronomia, xoiería, libros e música ou moda. Publicación editada en castelán e inglés. Está dispoñible en diferentes puntos da cidade, entre eles, na oficina de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar 63. Ler máis