11-03-2016 Área Central ofrecerá mañá sábado 12 de marzo actividades variadas para facer máis amena a visita dos clientes do centro comercial; o escenario principal acollerá a exhibición de baile da academia “El Tomasón” de Ribeira e a esquina amarela terá a sesión dos “Sábados creativos”, na que os nenos realizarán experimentos divertidos.

Exhibición da escola de baile “El Tomasón”  

Área Central ofrecerá mañá sábado 12 de marzo actividades variadas para facer máis amena a visita dos clientes do centro comercial; o escenario principal acollerá a exhibición de baile da academia “El Tomasón” de Ribeira e a esquina amarela terá a sesión dos “Sábados creativos”, na que os nenos realizarán experimentos divertidos.  Preto de trinta alumnos da escola de baile “El Tomasón” de Ribeira encherán o escenario principal de Área Central de ritmos latinos cunha exhibición de baile, que terá lugar a partires das 19:00 horas.  Os alumnos desta academia ofrecerán exhibicións de diferentes danzas latinas, moitas relacionadas coa cultura cubana como salsa e roda de casino cubanas. Tamén ofrecerán demostracións de danza moderna (hip hop), bailes de salón como merengue, bachata, chachachá, tango ou vals e bailes moi de moda, como o zouk e o lambazouk.  A mostra contará coa participación de alumnos de diferentes idades, desde os tres anos ata persoas adultas.  A escola foi fundada fai máis de dez anos polo bailarín, coreógrafo e profesor Orlando González, con estudos de baile en La Habana (Cuba). “El Tomasón” conta con varios premios rexionais e nacionais en diversos campionatos de baile.                    

“Sábados creativos”: construción de neve e espuma divertida
 

“Sábados creativos” versará sobre ciencia e os nenos asistentes construirán neve,  espuma e chuvia de cores, como unha maneira diferente de despedirse do inverno. Como sempre, esta nova sesión estará impartida polos responsables de Planeta Shalom e celebrarase na esquina amarela de Área Central, de 18.00 a 20.00 horas.





Compartir: