24-02-2016 O Mercado de Nadal, organizado desde o departamento de Comercio do Concello, celebrouse entre o 11 de decembro e o 5 de xaneiro na nave 5 do Mercado de Abastos de Santiago.

Mercado de Nadal 2015

O mercado estivo aberto de 11 a 15 h. e de 17. a 21h durante a semana; e de 11 a 21 h (ininterrompido) os fines de semana e festivos. Nesta segunda edición participaron 58 comerciantes e artesáns, que rotaron ao longo de cinco quendas ofrecendo ao público compostelán os mellores produtos e agasallos para este Nadal: alimentación, decoración de Nadal e floral, cosmética natural, artesanía en coiro, xoiería e bisutería artesanal, agasallos e xoguetes para os máis pequenos son exemplos do que se podía atopar no Mercado de Nadal da cidade.Como unha imaxe di máis que mil palabras, aquí vai unha pequena mostra.






Compartir: