15-09-2017 Santiago Centro celebra o día 29 de setembro o desfile 'Moda a pé de rúa', dedicado á moda infantil, xuvenil, de señora e de cabaleiro para a temporada de outono-inverno. Retómase deste xeito o proxecto adiado en primavera polas malas predicións meteorolóxicas. Nesta ocasión, levarase a cabo baixo unha estrutura colocada na Praza Roxa ás 19h. O prazo para inscribirse remata o venres 15 de setembro

Ademais daqueles establecementos que xa confirmaron a súa participación en primavera, Santiago Centro anima ao resto de socios a sumarse á iniciativa. A participación é gratuita para socios e as fórmulas e prezos de participación para non socios poden consultarse a través do correo info@santiagocentro.gal

Na cita, coordinada pola estilista e maquilladora Marta Arnoso, tamén se mostrarán produtos de sectores coma os complementos, a xoiaría, o coidado persoal, a decoración ou a tecnoloxía.







Compartir: