13-09-2017 Xa de volta das vacacións, a asociación de comerciantes EMREDE comeza cos seus Obradoiros de Outono!

Este ano son 4 Obradoiros, todos eles enfocados ao ámbito comercial e laboral:

1. "Comunicación" o Xoves 21 de Setembro.

2. "RRSS: Pinterest e Instagram" o Xoves 5 de Outubro.

3. "Fotografía" o Xoves 26 de Outubro.

4. "Inglés para o Comercio" os Martes 14 e 21 e Xoves 16 e 23 de Novembro.

Os Obradoiros comezan ás 20h (pero se precisades chegar máis tarde por horarios non habería problema), e terán lugar no Centro Sociocultural do Ensanche (excepto "Inglés para o Comercio" que será no Centro Británico, en Ramón Cabanillas)



Descargas



Compartir: