13-09-2017 Froito da colaboración de trinta e cinco comercios do casco histórico compostelán xorde “COMERCIO SINGULAR”; a mostra máis representativa da singularidade do comercio do centro histórico de Santiago de Compostela. Para a posta en valor das características que o definen: a autenticidade, o agarimo na selección dos mellores produtos, a atención personalizada,... os comercios participantes editan este fantástico folleto, cunha estética coidada e de alta calidade, que amosa a identidade dunha cidade. Nel están representados todos os sectores de actividade: artesanía, cosmética, gastronomia, xoiería, libros e música ou moda. Publicación editada en castelán e inglés. Está dispoñible en diferentes puntos da cidade, entre eles, na oficina de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar 63.

Descargas



Compartir: