12-09-2017 Dentro da Festa "Máis de 55 anos vivindo o Ensanche”, que se celebrará o próximo día 30 de setembro, no entorno da Praza Roxa e no Parque de Ramirez, terá lugar a Feira do Comercio, que xa vai pola súa terceira edición. E un día de festa, onde, xunto con moitas máis actividades, celébrase unha Feira do comercio, con postos de venda de artesanía, agasallos, produtos gourmet, ecolóxicos.. unha importante mostra do noso tecido artesanal. Se estás interesado/a en pór un posto de venda, consulta as bases e inscríbete segundo se indica. O prazo de inscrición remata o próximo venres 15 de setembro ás 12 da noite. Non deixes escapar esta oportunidade!!Entidades organizadoras: asociación veciñal Raigame e as asociacións de comerciantes Em Rede e Santiago Centro.

Descargas



Compartir: