12-09-2017 O Zoco de San Pedro celebrarase por primeira vez o domingo 17 de setembro, de 11 h ás 20 h, na Praza 8 de marzo. É unha actividade organizada polos comerciantes da rúa de San Pedro coa colaboración da asociación veciñal A Xuntanza. Zoco de San Pedro é un espazo onde poderás regatear nas tuas compras “con sentidiño, eso sí” e non só no prezo, senón en todo no que alcance a túa imaxinación, e exista acordo entre vendedor e comprador. A xornada animarase con sesión vermú, flash mob e moitas máis sorpresas.. achégate ao Barrio de San Pedro o 17 de setembro, e participa no ZOCO de SAN PEDRO. Participan os zoqueiros Batik, Como pez en el água, Delicias canarias, El taller de Fer, Faino ti, La Fromaxerí, Lambona, Mercería Luisa, Mononoke, Óptica M&S, Libraría Pedreira, Queroté e Xearte Brigitte



Compartir: